(Rex. 1793)
Nos anos cincuenta, nunha grande mansión burguesa en pleno campo estanse a facer os preparativos para festexar o Nadal, cando se produce un drama: o dono da casa é asasinado. Oito mulleres próximas á vítima están presentes e forzosamente unha delas é a culpable. Comeza entón unha longa xornada de investigación, marcada de discusións, traizóns e revelacións, na que non tardará en saberse que cada unha delas ten as súas razóns e garda segredos insospeitados. A verdade estalará, cruel e tráxica, e acabará coas máscaras e as mentiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario