"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



BALSEROS


Director: Carlos Bosch, Josep Mª Doménech (2002)
(Rex. 1682)


No verán do 94, un equipo de reporteiros de Televisió de Catalunya filmou e entrevistou sete cubanos e as súas familias durante os días en que preparaban a arriscada aventura de lanzarse ao mar para alcanzar a costa dos Estados Unidos fuxindo das dificultades económicas que asolaban o seu país. Algún tempo despois, no campamento de refuxiados da base norteamericana de Guantánamo, os reporteiros puideron localizar os que foran rescatados en alto mar. As súas familias permanecían en Cuba sen noticias deles, salvo no caso dunha muller que naufragara coa súa balsa e se vira obrigada a volver a territorio cubano. Sete anos despois de que se lanzasen ás augas do Golfo de Florida en busca dun sono, o equipo de "Balseros" reatópase con aqueles personaxes para descubrir cál foi o seu destino. Esta película retrata con detalle e sensibilidade a súa evolución, a súa vida en Estados Unidos ou a súa permanencia en Cuba. A súa é a historia dalgúns dos verdadeiros superviventes do noso tempo, a aventura humana duns náufragos entre dous mundos.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas