Director: Charles Chaplin (1940)
(Rex. 1810)
Durante a Primeira Guerra Mundial, un anónimo combatente da armada de Tomania salva a vida dun oficial chamado Schultz. Pero o avión no que foxen estrélase e, mentres Schultz resulta indemne, o soldado ingresa nun hospital por amnesia. Alí permanecerá vinte anos da súa vida, ignorando por completo os cambios que se producen ao seu arredor. Hynkel converterase no ditador de Tomania e perseguirá desapiadadamente os xudeus coa axuda dos seus dous ministros, Garbitsch e Herring. Á saída do hospital, o soldado regresa á súa antiga barbaría no Gueto, esperando atopar todo o que deixou vinte anos atrás. Alí, coñecerá a Hannah, unha moza da que se namorará. Mentres, Schultz converteuse nun influente oficial do réxime e ordena ás súas tropas deixar o barbeiro en paz. Hynkel planifica a invasión de Osterlich, país fronteirizo, e cando Schultz pon en tea de xuízo esta decisión, o ditador condénao a ingresar nun campo de concentración. Inmediatamente, Schultz planea a súa fuga intentando provocar unha rebelión contra o goberno. Entón, refúxiase no Gueto, na casa do seu amigo o barbeiro, pero as tropas de Hynkel queiman a tenda, arrestan os dous homes e intérnanos nun campo. Proseguindo o seu plan para invadir Osterlich, Hynkel invita a pazo a Napaloni, o ditador de Bacteria e, despois de varios desacordos cómicos, os dous homes logran establecer unha alianza. A invasión de Osterlich é un éxito e Hannah, quen se refuxiou neste país cos seus amigos, volve atopar outra vez máis, baixo a dominación do réxime de Hynkel. Mentres o ditador celebra a súa última conquista gozando dunhas vacacións no país, Schultz e o seu amigo o barbeiro conseguen fuxir do campo de concentración. Por erro, Hynkel será detido polas súas propias tropas e o barbeiro, confundido polo ditador.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario