(Rex. 1813)
Ano 1944, quinto ano de paz. Ofelia é unha nena de 13 anos que xunto á súa nai, Carmen, convalecente a causa dun avanzado estado de xestación, se traslada ata un pequeno pobo no que se atopa destacado Vidal, un cruel capitán do exército franquista, novo marido de Carmen e polo que Ofelia non sente ningún afecto. A misión de Vidal é acabar cos últimos vestixios da resistencia republicana, escondida nos montes da zona. Tamén aí se haxa o muíño onde Vidal ten o seu centro de operacións; nel agárdanlles Mercedes, unha moza que se atopa a cargo dos demais membros do servizo, e o doutor, que se fará cargo do delicado estado de saúde de Carmen. Unha noite Ofelia descobre as ruinas dun labirinto onde se atopa cun fauno, unha estraña criatura que o fai unha incrible revelación: Ofelia é en realidade unha princesa, última da súa estirpe, á que os seus levan moito tempo esperando. Para poder regresar ao seu máxico reino, a nena deberá enfrontarse a tres probas antes da lúa chea. No transcurso desta misión, fantasía e realidade abrázanse para dar renda solta a unha marabillosa historia onde a maxia que rodea a Ofelia nos transporta a un universo único, cheo de aventuras e cargado de emoción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario