(Rex. 1799)
Cando unha osa intenta conseguir un favo de mel co que saciar a súa gula, é esmagada por un alude e morre, quedando orfo o seu osiño. O pequeno oso queda só e sen protección, nun medio que, ata que non alcance a madureza, lle é hostil. Youk, o osiño orfo, atópase con Kaar, un exemplar adulto de oso Kodiak que rematará adoptándoo e será o seu protector. De todas as ameazas, a peor é o home, neste caso os tramperos que se dedican a cazar osos. Pronto aparecen dous cazadores, Bill e Tom, que manterán unha loita singular con Kaar; sobre todo Tom, que ten varios enfrontamentos directos co grande oso e tómase a súa caza como unha cuestión persoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario