"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL REGRESO

Director: Hal Ashby (1978)
(Rex. 1588)
Cando o capitán de marines Bob Hyde (Bruce Dern) parte cara a Vietnam, a súa esposa Sally (Jane Fonda) ofrécese como voluntaria para traballar nun hospital local, onde traba amizade con Luke Martin (Jon Voight), un antigo sarxento que quedou parapléxico como resultado dunha ferida de guerra. Luke, amargado, furioso e frustrado pola súa situación, recupera a esperanza e a confianza en si mesmo grazas á súa crecente intimidade con Sally. A relación, á súa vez, cambia as perspectivas de Sally sobre a vida, o amor e os horrores da guerra. Cando o marido de Sally volve á casa ferido e desilusionado, os tres deben enfrontarse ás secuelas dunha guerra afastada e brutal que cambiou as súas vidas para sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas