(Rex. 1602)
Boromir morreu, Gandalf desapareceu na Ponte de Khazad-dûm e a Comunidade vese obrigada a dividirse en tres grupos. Non obstante, esta disolución non socavou a firmeza de ningún dos seus membros para acometer a súa heroica misión. Perdidos nos outeiros de Emyn Muil, Frodo e Sam descobren que alguén os segue: o misterioso Gollum. Esta inquietante criatura, que foi corrompida e deformada polo Anel, promete, a cambio da súa liberación, guiar aos hobbits ata as Portas Negras de Mordor. Sam non confía no seu novo acompañante, pero Frodo apiádase de Gollum porque tamén foi, como el, Portador do Anel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario