(Rex. 1616)
(Rex. 1735)
Outubro de 1989 non era o mellor momento para entrar en coma se vivías en Alemania Oriental e iso é precisamente o que lle acontece á nai de Alex (Daniel Brühl), unha muller orgullosa das súas ideas socialistas. Alex vese envolto nunha complicada situación cando a súa nai esperta de súpeto oito meses despois. Ningunha outra cousa podería afectar tanto a súa nai como a caída do Muro de Berlín e o triunfo do capitalismo na súa amada Alemania Oriental. Para salvar a súa nai, Alex converte o apartamento familiar nunha illa ancorada no pasado, unha especie de museo do socialismo no que a súa nai vive comodamente crendo que nada cambiou. O que empeza como unha pequena mentira piadosa se converte nunha grande estafa cando a irmá de Alex e algúns veciños se encargan de manter a farsa para que a nai de Alex siga crendo que ao final¡Lenin venceu!
Ficha técnica
Guía didáctica
Ningún comentario:
Publicar un comentario