Director: Alan Parker (2000)
(Rex. 1673)
En 1935, moitas familias irlandesas adoitaban abandonar o seu país, devastado pola fame, para ir a América. A familia McCourt fixo xustamente o contrario. Despois da morte repentina da súa filla Margaret, con tan só sete semanas, Angela e Malachy, o seu marido alcohólico e sen traballo, embarcan no porto de Nova York con destino a Cork. Acompáñanos os seus catro fillos: Frank, Malachy fillo e os xemelgos Eugene e Oliver. Volven a unha terra da que o pequeno Frank só oíu dicir que é "unha terra onde non hai traballo e onde a xente morre de fame e frío".
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario