"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



MICHAEL CLAYTON

Director: Tony Gilroy (2007)
(Rex. 1568)

Michael Clayton (George Clooney) traballa para un famoso bufete de Nova York, aínda que non exerce de avogado. A súa especialidade é arranxar as cousas do xeito máis limpo e rápido posible. Non é nin policía nin avogado, senón a perfecta mestura de ambos os dous: o can gardián, o compañeiro fiel que sempre obedece e nunca pregunta. Non obstante, a vida de Michael cambaléase cando o seu mellor amigo dentro do bufete, Arthur Edens (Tom Wilkinson), que durante seis anos defendeu os intereses de Agtek, unha importante multinacional agroquímica, descobre que un produto da devandita compañía provocou a intoxicación de centos de granxeiros. O comportamento de Arthur fará perigar a estabilidade e os intereses tanto do bufete coma da poderosa multinacional. Michael a vai entón atrapado entre a lealdade ao seu amigo e o cumprimento do seu deber.





Ficha técnica
Ver trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas