"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



DIARIO DE UNA NIÑERA

Director: Robert Pulcini, Shari Springer Berman (2007)
(Rex. 1809)

Annie Braddock é unha moza de clase traballadora de Nova Xersei que intenta atopar o seu lugar no mundo. Acaba de licenciarse, e aínda que a súa nai se empeña en que se busque un bo posto no mundo dos negocios, Annie preferiría cambiar a PDA polo caderno de campo dunha antropóloga. Tras un encontro fortuíto, Annie remata na zona máis pija e ritualista de Manhattan, o Upper East Side, que ten tanto que ver co barrio onde se criou en Nova Xersei como coa vida dunha tribo no Amazonas. Annie decide escapar da vida real e acepta o posto de coidadora de nenos cunha familia adiñeirada á que coñecemos unicamente como os "Sres. X". Rapidamente dáse conta de que a vida nunca é de cor de rosa... nin sequera para a xente con ese nivel de ingresos. O seu novo posto require que cumpra cada un dos desexos da Sra. X e do seu precoz fillo Grayer, e ademais debe intentar evitar o impoñente Sr. X. A vida complícase aínda máis cando Annie se namora do seu veciño, un rapaz moi guapo, de Park Avenue, e debe reconsiderar a súa vida e o camiño que decidiu tomar.


Ficha técnica


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas