"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



O LAPIS DO CARPINTEIRO

Director: Antón Reixa (2002)
(Rex. 1771)
(Rex. 4576)

Herbal sempre leva un lapis de carpinteiro que o acompaña dende o ano en que España se partiu en dous. Pouco antes, ofrecérase voluntario para seguir a Daniel Da Barca, novo médico e intelectual republicano, a noiva da cal, Marisa Mallo é filla dun coñecido oportunista reaccionario. Herbal, invisible aos ollos da parella, convértese na súa sombra, fascinado polos coñecementos de Daniel, a beleza de Marisa e o amor de ambos os dous. Pronto empeza a mesturar o odio coa paixón, a admiración cos celos e a obriga coa obsesión. Daniel é encarcerado polas súas ideas, pero non é un recluso calquera; a súa cultura, a súa imaxinación e o seu compromiso fano popular entre os seus compañeiros e convérteno en centro de atención para os gardiáns. Dende fóra, Marisa loita contra a intolerancia do seu pai e intenta desesperadamente que o seu noivo recupere a liberdade. Herbal, que na casa sofre sen rebelarse ante os maltratos que a súa irmá recibe dun marido violento e egoísta, asiste, entre atónito e furioso, ás historias e conversacións que manteñen os presos para facer máis levadeira a súa condena. A sinrazón sacode o país. Moitos presos son fusilados clandestinamente en terroríficas decisións aleatorias; pronto chegará a quenda de Daniel e será de novo Herbal quen, vítima e verdugo dos seus propios medos, debátase entre a violencia e a conciencia.........


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas