(Rex. 1671)
Ningún dos Hoover logrou organizar a súa vida, pero non é porque non o intentaran. O pai, Richard, un conferenciante motivacional desesperadamente optimista, está a tratar de vender como sexa o seu programa de 9 pasos cara ao éxito, sen demasiada sorte. Mentres tanto, Sheryl, a nai "pro honestidade" dos Hoover vese constantemente atosigada polos excéntricos misterios da súa familia, especialmente polos do seu irmán, un estudoso de Proust con tendencias suicidas que acaba de saír do hospital tras ser abandonado polo seu amante gay. Logo están os membros máis novos dos Hoover cos seus soños imposibles - a raíña Olive, de catro ollos e lixeiramente gordecha, á que lle encantaría ser unha beleza e Dwayne, un airado adolescente lector de Nietzsche que fixo un inquebrantable voto de silencio ata que consiga entrar na Academia das Forzas Aéreas. Como colofón dentro da familia atópase o avó, un malfalado hedonista ao que recentemente o puxeron de patitas na rúa na súa residencia de anciáns por darlle á heroína. Cando un golpe de sorte leva a Olive a ser invitada a participar no moi competitivo concurso de "Pequena Miss Sunshine" en California, toda a familia Hoover se reúne para ir con ela. Amoréanse na súa oxidada furgoneta Volkswagen e diríxense cara ao Oeste nun traxicómico periplo de tres días cheo de tolas sorpresas que lles leva ao grande debut de Olive - o cal cambiará esta familia de inadaptados dunha forma que nunca imaxinarían.
Ningún comentario:
Publicar un comentario