Director: Robert Redford (1994)
(Rex. 1772)
Entre 1956 e 1959, Charles Van Douren, fillo de prestixiosos literatos e profesor de inglés da universidade de Columbia, converteuse nun dos personaxes máis populares de Estados Unidos grazas ao programa de televisión "Twenty One". Semana tras semana participou neste concurso contestando e acertando sempre as máis variadas e difíciles preguntas. Con todo Estados Unidos rendido a este personaxe, o escándalo saltou a primeira plana cando o seu principal contrincante denunciou que o concurso estaba amañado.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario