(Rex. 1776)
Tirante el Blanco, un afamado cabaleiro, recibe o encargo do Emperador de Bizancio para que o libere do asedio que os turcos están a inflixir á cidade de Constantinopla. Tirante non defrauda as esperanzas que sobre el depositou o Imperio en canto ao militar. Os seus homes son un trasunto dos feroces almogávares e el un astuto estratego que non teme a superioridade numérica dos turcos. Sabe vencer e vence, e a continuación ha de utilizar a súa vitoria para vencer así mesmo a natural oposición de Carmesina a entregar aquilo que considera máis íntimo: a súa virxindade. A relación desta pretensión íntima, orgánica e instintiva cos mecanismos do poder no Imperio é evidente. O Emperador é vello. Os turcos son unha ameaza perenne. Carmesina - unha nena case - é a presumible e única herdeira do Imperio. Tirante é novo, atractivo e, ata onde se sabe, invencible. Unha soa obxección: Tirante non é de orixe nobre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario