"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LA MANDOLINA DEL CAPITÁN CORELLI

Director: John Madden (2001)
(Rex. 1870)

A acción comeza en Argostoli, Cafalonia, 1940. Un ano máis, celébranse as festas de San Gerasimos onde parece que o Dr. Iannis logra máis milagres cos seus coñecementos en medicina que o propio santo. O doutor vive aos arredores da vila coa súa bela filla Pelagia (Penélope Cruz), a quen intenta transmitir todos os seus coñecementos. a rapaza está comprometida cun atractivo pescador, Mandras, pero a guerra que ata entón parecía afastada, separaos, xa que o mozo parte a loitar contra os italianos deixando á súa noiva e ao súa desconsolada nai Drosula na illa. Pero pasan os meses e a desolación de Pelagia vai en aumento, xa que non recibiu resposta ningunha ás numerosas cartas de amor que envía a Mandras. A guerra, lonxe de rematarse, faise sentir na illa, e en maio, Cefalonia é ocupada por o exercito italiano, alterando a tranquila vida dos seus habitantes. Os soldados tómano como unhas longas vacacións de verán e a súa alegría, a súa música e as súas ganas de vivir acaban por gañar a confianza dos nativos. A cambio de asegurarse subministracións médicas, o doutor Ianni acepta aloxar no seu fogar o capitán Corelli (Nicolas Cage) quen se descubrirá como un home cheo de amor pola vida, pola música e por Pelagia.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas