(Rex. 1831)
O conto musical Pedro e o lobo, de Sergei Prokofiev relata a historia de como un neno, Pedro, e os seus amigos o parrulo, o paxaro, o gato e dous cazadores enfróntanse ao lobo que ameaza a pequena aldea rusa. Composta orixinalmente en 1936, a famosa peza utiliza os instrumentos dunha orquestra personificándoos nas figuras de Pedro e os seus amigos, o parrulo, o paxaro, o gato, representados por un óboe, unha frauta e un clarinete, respectivamente, e demais personaxes (o lobo, o avó e os cazadores). Concibida e dirixida por Suzie Templeton, nesta versión empréganse distintas técnicas de animación, marionetas, e fotografía dixital, e a música é interpretada pola Philarmonia Orchestra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario