"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



THE TAKEOVER (ANSIAS DE PODER)

Director: Troy Cook (1995)
(Rex. 1903)

Stein e Vilachi son dúas familias rivais dentro do crime organizado, que se disputan o control do lucrativo mercado da cocaína de Los Ángeles.Anthony Vilachi é un desapiadado capo de terceira xeración que xunto a Venokur dirixen unha organización multimillonaria de clubs de alterne, venda de armas e contrabando de drogas. Stein é unha antiga "quenlla" de Wall Street que pretende arrebatar a Vilachi o control de Los Ángeles, diversificando as súas actividades delituosas. Á súa vez, Jonathan e Mickey, dous presidiarios que cumpren condena en Illinois, conseguen saír do cárcere e ao regresar a Los Ángeles, Jonathan, antigo socio de Stain, descobre que Vilachi lle arrebatou o seu restaurante e a súa muller. A guerra comeza e Jonathan e Mickey xogan un papel mortal na partida do poder.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas