Director: Carlos Amil (2000)
(Rex. 1975)
Urbano (Javier Albalá), que ven de saír da cadea, recolle no taxi que conduce a unhas prostitutas con destino a un club ao outro lado da fronteira. No taxi vai tamén unha rapaciña. Na mesma dirección viaxa Blanca Madison (Pilar Punzano), cantante de boleros. Blanca regresa á cidade na que sendo nena sufriu aldraxes a mans do propietario dun club nocturno, chamado Xesús Bocanegra (Mario Gas). Entre actuación e actuación organiza, con desesperada frialdade matemática, unha vinganza: matar a Bocanegra. Esta producción, integramente galega, rodouse na Coruña e viu a luz dous anos despois de rematarse.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario