Director: Fernando Colomo (2006)
(Rex. 1965)
Caín (Javier Cifrián) é gordo, tímido e invisible para as mulleres. Traballa como carniceiro no barrio madrileño de Lavapiés, rodeado de inmigrantes marroquís, bangladesíes, chineses, senegaleses, búlgaros, peruanos, ... Pero Caín atópase só. A súa familia redúcese ao seu irmán Abel, que ten todo o que Caín envexa: é guapo, sedutor, está casado cunha muller de bandeira e é pai de dúas preciosas xemelgas. Cando Caín descobre que o seu irmán Abel deixou embarazada a Aisha, unha atractiva veciña, filla de inmigrantes de Bangla Desh, de relixión musulmá, sorprende a todos cando decide facerse pasar polo pai e asumir o mantemento e a educación da criatura.
Ficha técnica
Páxina oficial
Ningún comentario:
Publicar un comentario