Director: Tomás Gutierrez Alea, Juan Carlos Tabío (1995)
(Rex. 2020)
Comedia satírica sobre a vida en Cuba. Un atípico cortexo fúnebre e un camión cobren o mesmo percorrido, aínda que con moi diferentes labores. O cortexo, composto por un funcionario, a súa esposa Gina e un ancián namorado da defunta, debe cumprir un novo e aforrativo plan estatal de traslado de defuntos. O camión, conducido por Mariano, sedutor empedernido e Ramón, o seu máis fiel aliado, realiza a súa ruta habitual. O que comezou sendo un cruzamento fortuíto, remata converténdose nun encontro continuado. Mariano e Gina recoñécense: Gina foi profesora de Mariano na Universidade e un amor frustrado para este. A caravana fúnebre avanza. Os seus tropezos co camión e unha morea de divertidas peripecias van unindo pouco a pouco a Gina e a Mariano ata conseguir que ambos os dous tomen unha decisión.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario