"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LENA

Director: Gonzalo Tapia (2000)
(Rex. 1978)

Lena (Marta Larralde) ten dezaoito anos e vive no barrio portuario de Bouzas, en Vigo. Non ten unha vida nada fácil: orfa de nai, Gorrión (Manuel Manquiña), o seu pai, é un borracho eternamente en paro ou metido en trapicheos de pouca monta. Desde cativa Lena tivo que resolver os seus propios asuntos. É unha moza lista e responsable; a súa sensatez contrasta co descontrol do seu pai. Cando a mafia local lle dá unha paliza a Gorrión acusándoo de ter quedado cunha importante suma de cartos, a vida de Lena pasa a ter un único obxectivo: impedir que maten o seu pai.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas