Director: Tom Tykwer (2006)
(Rex. 2241)
Adaptación do famoso best-seller de Patrick Süskind, que relata a historia dun mozo do século XVIII cun extraordinario sentido do olfacto, unha persoa obsesionada e dominada polos olores e a sensación que estes lle producen... Jean Baptiste Grenouille (Ben Whishaw) naceu en metade do fedor dos restos de peixe dun mercado, e foi abandonado pola súa nai no lixo. A autoridade fíxose cargo do bebé, que foi de hospicio en hospicio e sentenciou a súa nai á forca. O rapaz creceu nun ambiente hostil; ninguén o quería, e mesmo os seus compañeiros intentaron asasinalo, e todo porque había algo que o facía diferente: non tiña olor. A cambio, Jean Baptiste posuía un olfacto excepcional. Aos 20 anos, despois de traballar nunha curtiduría, consegue traballar para o perfumero Bandini (Dustin Hoffman), que o ensina a destilar esencias. Pero el quería atrapar outros olores: o olor do cristal, do cobre... e, sobre todo, o olor de certas mulleres.
Ficha técnica
Trailer
Música
Ningún comentario:
Publicar un comentario