"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



MYSTIC RIVER

Director: Clint Eastwood (2003)
(Rex. 2458)



Cando Jimmy Markum (Sean Penn), Dave Boyle (Tim Robbins) e Sean Devine (Kevin Bacon) eran uns nenos que crecían xuntos nun perigoso distrito de Boston, os tres pasaban os días xogando ao béisbol na rúa, ao igual que o facían moitos outros nenos no barrio obreiro de East Buckingham onde vivían. Non sucedía nada importante no seu barrio. Ata que Dave se viu obrigado a tomar un rumbo que cambiaría as vidas de todos eles para sempre. Vinte e cinco anos máis tarde, os tres vólvense encontrar por outro acontecemento de gran transcendencia - o asasinato de Katie (Emmy Rossum), a filla de 19 anos de Jimmy. A Sean, que se fixo policía, asígnanlle o caso e xunto ao seu compañeiro (Laurence Fishburne) recibe o encargo de desenredar este crime aparentemente sen sentido. Tamén teñen que estar moi pendentes de Jimmy, furioso por encontrar o asasino da súa filla.





Ficha técnica


Trailer

Música

Baseada na novela "Mystic River" de Dennis Lehane

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas