"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL ASESINATO DE RICHARD NIXON

Director: Niels Mueller (2004)
(Rex. 3254)

Historia de perdedores baseada nun feito real. Samuel J. Bicke (Sean Penn) é un auténtico sufridor nato. Samuel ten un traballo de vendedor, continua causa de frustración, porque os seus xefes o incitan a enganar potenciais clientes. A iso súmase a dolorosa separación da súa muller Marie (Naomi Watts) e dous fillos, unha situación á que non quere resignarse, aínda que ela non ve futuro á reanudación da vida en común. Pero Samuel constrúe castelos no aire, soña coa utopía dun posible negocio co seu bo amigo Bonny (Don Cheadle), un mecánico negro. A medida que xorden os obstáculos, ese 'inimigo invisible' personifícase, para el, nos trazos do presidente Richard Nixon, omnipresente na televisión.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas