"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL PUENTE SOBRE EL RÍO KWAI

Director: David Lean (1957)
(Rex. 3290)


Segunda Guerra Mundial. Area do Pacífico. 1943. O coronel Nicholson (Alec Guinness) e os seus homes están confinados nun campo de prisioneiros xaponés. Ocúpanse da construción dunha ponte maxestosa. Nicholson mantense firme nas súas conviccións tradicionais. Mediante o seu traballo e a súa dedicación a este proxecto, Nicholson confía en distraer os seus homes e manter alta a súa moral. Deste xeito tratan de xustificar os seus días no campo de concentración, á espera da súa liberación ou do fin da guerra. O comandante xaponés que dirixe o campo, non ten outro remedio que ceder ante a teimosía de Nicholson, e deixa que este dirixa persoalmente a construción da ponte. Pero un oficial norteamericano (William Holden), non está de acordo co xeito que ten Nicholson de levar a existencia dos seus homes no campo. As súas ideas pasan por unha resistencia activa, e planea sabotar a construción. O enfrontamento entre ambos os dous é inminente, ante a sorpresa do coronel Saito (Sessue Hayakawa).




Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas