(Rex. 3299)
A moza de 17 anos María (Catalina Sandino Moreno) vive nunha pequena poboación ao norte de Bogotá. Comparte casa coa súa nai, a súa avoa, a súa irmá e o pequeno fillo desta. María traballa nunha gran plantación de rosas, onde preparan e empaquetan as flores. María e Branca, a súa mellor amiga, son as encargadas de retirar as espiñas dos talos e preparar as flores para a exportación. É unha tarefa dura e deben seguir regras moi estritas. A única distracción de María son os bailes na praza do mercado aos que vai os fins de semana co seu noivo Juan. María é moi impulsiva. Un día, despois de discutir cun dos seus xefes, despídese do traballo. A súa familia non entende por que deixou o traballo, ninguén sospeita que María está embarazada. Decide probar sorte na cidade. Durante a viaxe, tópase con Franklin, ao que xa coñecía. É un mozo afeito ao mundo e a súa seguridade impresiona moito a María. Fálalle dun emprego como correo. María entende deseguida que se trata de pasar drogas a Estados Unidos, tragando paquetiños de heroína. Gañará 5.000 dólares nunha viaxe. Iso abonda para convencela. Lucy xa fixo a viaxe dúas veces con éxito e ensina a María como prepararse fisicamente e tamén o que debe facer se as cousas saen mal. Branca non tarda en ser recrutada polos vendedores. Uns días máis tarde, as dúas amigas soben a un avión con destino a Estados Unidos, María leva 62 paquetitos de heroína no estómago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario