"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



RETORNO A BRIDESHEAD

Director: Julian Jarrold (2008)
(Rex. 2694)

Na Universidade de Oxford, o mozo Charles Ryder (Matthew Goode) coñece casualmente a Sebastian Flyte (Ben Wishaw), fillo de Lord e Lady Marchmain (Michael Gambon, Emma Thompson). Froito desta amizade, Charles vaise introducindo no exclusivo mundo da alta sociedade británica e visita, por primeira vez, Brideshead, a maxestosa casa familiar dos Flyte. Alí coñece a Julia (Hayley Atwell), a irmá de Sebastian, e queda cativado pola súa beleza dende o primeiro instante. Nun tempo convulso, Charles será testemuña do declive da familia mentres leva a cabo o seu particular cruzado polo amor de Julia.


Ficha técnica

Baseada na novela "Retorno a Brideshead, memorias sagradas y profanas del capitán Charles Ryder" de Evelyn Waugh

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas