"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



UN TRANVÍA LLAMADO DESEO

Director: Elia Kazan (1951)
(Rex. 3294)

A trama xira arredor de Blanche DuBois (Vivien Leigh), recén chegada a Nueva Orléans, con idea de aloxarse na casa da súa irmá Stella (Kim Hunter), casada co obreiro de orixe polaca Stan Kowakski (Karl Malden), de quen espera un fillo. É un verán de calor pegañenta, e ante os nosos ollos despréganse as calidades magnéticas de Blanche, que foxe dun pasado ninfómano, incapaz de deixar de coquetear con todo home que se pon a tiro, e que vive nun mundo que ela define como "máxico", pois elude enfrontarse aos aspectos desagradables do mundo real. Ante os seus modos de "princesa", o rudo Stan, violento e afeccionado ao alcohol, mortifícaa continuamente. E Stella fai como que non se decata, e a súa actitude conciliadora lévaa a admitir máis dunha vexación do marido. Os avances do apoucado Mitch (Marlon Brando), amigo de Stan, para cortexar a Blanche, derivarán a unha situación de alta tensión.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas