"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



GRAN TORINO

Director: Clint Eastwood (2008)
(Rex. 3368)


Walt Kowalski (Clint Eastwood) é un ancián rosmón, xubilado tras 50 anos de traballo nunha fábrica automobilística, que acaba de quedar viúvo. Incapaz de comunicarse cos seus inmaturos fillos -que pretenden levalo a unha residencia- ou coa súa neta -vestida con roupa pouco recatada- séntese incómodo no seu barrio globalizado, cheo de cuadrillas conflitivas de orientais, latinos e afroamericanos. Tamén ten todo tipo de prexuízos cara aos seus veciños do lado. Estes pertencen á etnia 'hmong', do sueste asiático, que el identifica cos orientais cos que combateu en Corea.
Kowalski vive ancorado nun pasado simbolizado no seu emblemático coche, un Ford Gran Torino de 1972, que mantén tan relucente como o primeiro día. Unha noite impide que o roube un dos seus veciños 'hmong', o tímido adolescente Thao, que foi premido polo seu primo cuadrilleiro. Pouco despois, este primo e os seus amiguetes tomarana con Thao, pero Kowalski bótaos do lugar cun rifle. Pouco a pouco, o vello cascarrabias acaba facéndose moi amigo dos seus veciños, especialmente do rapaz, ao que terá que ofrecer moita axuda.


Ficha técnica

Trailer

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas