Director: Julian Jarrold (2005)
(Rex. 3355)
Tras a repentina morte do seu pai, Charlie Price (Joel Edgerton) ten que facerse cargo do negocio familiar: unha fábrica de zapatos de toda a vida en Northampton, "Price and Sons". Charlie descobre deseguida que o negocio non marcha ben, e que sen novos pedidos irán á bancarrota. Cuns empregados escépticos respecto á súa capacidade como xefe, Charlie marcha a Londres en busca de solucións. Tras un encontro casual descobre un cabaré de travestis liderado por Lola (Chiwetel Ejiofor), cuxo mundo xira en torno a unha moda moi peculiar na que resaltan as botas altas de plataforma. Charlie empeza a descubrir un nicho por explotar no mercado do calzado...
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario