"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LA DUDA

Director: John Patrick Shanley (2008)
(Rex. 3539)
(Rex. 8517)


É 1964, parroquia de San Nicolás no Bronx. Un vibrante e carismático sacerdote, o pai Flynn (Philip Seymour Hoffman) está a tratar de cambiar as estritas normas do colexio, que durante anos foron feramente salvagardadas pola irmá Aloysius Beauvier (Meryl Streep), unha directora con man de ferro que cree firmemente no poder da disciplina. Ventos de cambio político están a varrer a comunidade, e de feito o colexio aceptou o seu primeiro alumno negro, Donal Millar. Pero cando a irmá James (Amy Adams), unha pobre inocente, lle comenta á irmá Aloysius as súas sospeitas de que o pai Flynn pon "demasiada atención" en Donald, a superiora comeza unha cruzada persoal para sacar á luz a verdade e expulsar a Flynn do colexio por abusar do alumno. Sen unha soa proba á parte da súa convicción moral, a irmá Aloysius comeza unha batalla co pai Flynn, que ameaza con esgazar a comunidade con consecuencias irrevogables.




Ficha técnica
Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas