Director: Roberto Santiago (2005)
(Rex. 3741)
Fernando (Fernando Tejero) é un perdedor. Un tipo gris, sen ambición, que traballa como repoñedor nun supermercado do barrio. Nos seus ratos libres, é porteiro suplente dun equipo de fútbol de terceira rexional. En toda a tempada non xogou nin un só minuto. Pero o último domingo da liga o árbitro sinala penalti e o porteiro titular lesiónase. Fernando ten que ocupar a portaría por primeira vez. Se para o penalti, o equipo do barrio proclamarase campión e subirá de categoría. Se non, todo o esforzo dun ano non terá valido para nada. Cando o penalti está a punto de lanzarse, uns seareiros indignados co árbitro invaden o campo e impiden que o partido remate. O comité de competición decide que o penalti debe lanzarse o seguinte domingo, na mesma portaría, cos mesmos xogadores e co campo pechado ao público. "El penalti más largo del mundo" é xustamente a historia desa semana de espera. Sete días nos que Fernando convértese da noite á mañá nun heroe no barrio. E consegue moito máis do que nunca soñara: ser o centro de todas as olladas, que o conviden a comer, a beber... só ten que abrir a boca e os seus desexos fanse realidade. Pero sobre todo consegue o que máis quere no mundo: que Cecilia, a filla do adestrador, le dea unha oportunidade para saír con ela.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario