Director: Patty Jenkins (2003)
(Rex. 3780)
(Rex. 4765)
Baseada en feitos reais, narra a historia de Aileen Wuornos (Charlize Theron), unha prostituta executada no Estado da Florida no ano 2002 tras confesarse autora de seis asasinatos, incluído un policía. Aileen sempre declarou que matou en defensa propia, en resposta a ataques violentos mentres traballaba como prostituta. Cerca da desesperación e do suicidio, Wuornos entra un día nun bar de Florida, onde coñece a Selby (Christina Ricci), una moza lesbiana enviada por seus pais a vivir coa súa tía para "curar a súa homosexualidade". Wuornos, víctima dunha tráxica nenez chea de abusos, rápidamente enamórase de Selby, atopando nela unha razón para vivir. Incapaz de atopar un traballo digno pero desesperada por manter a súa nova relación, Wuornos continúa traballando como prosituta. Cando un dos seus clientes se volve violento, ela dispáralle en defensa propia, comezando así unha tráxica cadea de asasinatos. Esta é a historia dunha asasina, declarada polos medios de comunicación "a primeira muller serial-killer de América", pero tamén é a historia de amor entre dúas inadaptadas.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario