"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



CIUDAD DE DIOS

Director: Fernando Meirelles (2002)
(Rex. 3986)



Baseada en feitos reais, conta a historia do crecemento do crime organizado nos suburbios da cidade de Río de Janeiro, dende finais dos anos sesenta ata o comezo dos oitenta, cando o tráfico de drogas e a violencia impuxeron a súa lei entre a miseria das favelas.
"Buscapé" ten 11 anos e é só un neno máis en Cidade de Deus, un suburbio de Río de Janeiro. Tímido e delicado, observa os nenos duros do seu barrio, os seus roubos, as súas pelexas, os seus enfrontamentos diarios coa policía. Xa sabe o que quere ser se consegue sobrevivir: fotógrafo. "Dadinho", un neno da súa mesma idade, trasládase ao barrio. Soña con ser o criminal máis perigoso de Río de Janeiro e empeza a súa aprendizaxe facendo recados para os delincuentes locais. Admira a "Cabeleira" e a súa cuadrilla, que se dedica a atracar os camións do gas e que fan outros pequenos roubos armados. "Cabeleira" dá a "Dadinho" a oportunidade de cometer o seu primeiro asasinato. O primeiro de moitos...


Ficha técnica

Trailer

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas