"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LOS LUNES AL SOL

Director: Fernando León de Aranoa (2002)
(Rex. 4100, 10224)


Unha cidade ao norte, costeira, que fai xa tempo deu as costas ao campo e rodeouse de industrias que a fixeron crecer desproporcionada, a empuxóns, que a alimentaron de inmigración e traballadores e debuxaron para ela un horizonte de chemineas, de arestas e esperanzas, de futuros desarraigamentos. Un grupo de homes que cada día percorren as súas rúas en costa, buscándolle á vida as saídas de emerxencia. Medo de longa duración, funambulistas de fin de mes, e de principio, tamén funambulistas sen rede e sen público, sen aplausos ao final, que camiñan a diario pola corda frouxa do traballo precario, que suxeitan a súa existencia con estadas de esperanza e fan das súas poucas alegrías trincheira, conversación, rutina, como se ese naufraxio do que tratan de poñerse a salvo a diario non fóra o seu, mentres falan das súas cousas e rin, de todo e de nada en concreto, esperanzados, tranquilos, a mañá dun luns ao sol.


Ficha técnica

Trailer

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas