"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ANTIGUA VIDA MÍA

Director: Héctor Olivera (2002)
(Rex. 4114)


Violeta (Cecilia Roth) é unha restauradora de arte que, ao seu regreso á cidade de Bos Aires tras a busca dos restos daquela nai que a deixou de pequena para irse a loitar pola revolución, é acusada do asasinato do seu marido Eduardo. Josefa (Ana Belén), a súa amiga da infancia, seguirá a través dos seus propios recordos e a lectura dos diarios de Violeta, recollidos na súa casa tras que a policía a levase detida, as desventuras que ela viviu e padeceu ao longo destes últimos anos. Mentres que unha, Josefa, casada e con fillos, vivía só para o éxito na súa carreira como famosa cantante, a outra, Violeta, muller aberta, positiva e namorada, desexosa de ser nai, era non obstante maltratada polo alcohólico con quen estaba casada.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas