"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



OPEN RANGE

Director: Kevin Costner (2003)
(Rex. 4110)



Charley Waite (Kevin Costner) e Boss Spearman "Button" (Robert Duvall) son dous homes que intentan escapar do seu pasado, e que mellor lugar para que un home sexa libre que as grandes pradarías, guiando o gando nunha terra onde as únicas leis as marca a natureza. Estreitamente unidos polo "Código do Afastado Oeste" -defender a xustiza, ser fiel e leal ao que tes ao lado- os vaqueiros evitan por todos os medios facer uso da violencia. Pero a súa visita a Harmonville, unha cidade da fronteira rexida pola corrupción e a tiranía, cambiará as súas vidas e obrigaraos a pasar á acción. Alí encontran que o corrupto sherif e un poderoso facendado gobernan o territorio co medo e a violencia como armas. O grupo encóntrase abocado a un enfrontamento inevitable, en defensa da liberdade e os valores que desapareceron do lugar. E mentres estes valentes se preparan para a batalla que se aveciña, veranse tamén forzados a enfrontarse e derrotar aos demos interiores que lles atormentan.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas