"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



21:BLACK JACK

Director: Robert Luketic (2008)
(Rex. 4767)


"21" segue as andanzas dun grupo de mozos que se converteron en expertos na arte de contar cartas para gañar nos casinos. Ben Campbell (Jim Sturgess) é un tímido e brillante estudante do prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) que, ao non poder pagar a matrícula da universidade, encontra a solución nas cartas. Dáselle a oportunidade de unirse a un grupo formado polos estudantes máis dotados da escola, que viaxan a As Vegas cada fin de semana armados con identidades falsas e co coñecemento necesario para inclinar as probabilidades de éxito no black-jack ao seu favor. Baixo a dirección do pouco ortodoxo profesor de matemáticas e xenio da estatística Micky Rosa (Kevin Spacey), conseguiron descifrar o código do éxito. Ao contar as cartas e empregar un intricado sistema de sinais, o equipo pode triunfar de forma colosal nos casinos. Seducido polo diñeiro, o estilo de vida de As Vegas, e pola súa intelixente e atractiva compañeira de equipo, Jill Taylor (Kate Bosworth), Ben empeza a cruzar os límites. Aínda que contar as cartas non é ilegal, as apostas son altas, e o desafío consiste non só en levar ben a conta dos números, senón en ir un paso por diante do ameazador policía de casinos: Cole Williams (Laurence Fishburne).



Ficha técnica

Trailer

Baseada no libro "Bringing Down the House: The Inside Story of Six M.I.T. Students Who Took Vegas for Millions" de Ben Mezrich

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas