Director: James Cameron (2009)
(Rex.: 5205)
Ano 2154. Jake Sully (Sam Worthington) é un ex-mariñar confinado nunha cadeira de rodas que, a pesar do seu corpo tollido, aínda é un guerreiro de corazón. Jake foi recrutado para viaxar a Pandora, onde as corporacións están a extraer un mineral estraño que é a clave para resolver os problemas da crise enerxética da Terra. Ao ser tóxica a atmosfera de Pandora, eles crearon o programa Avatar, no cal os humanos "condutores" teñen as súas conciencias unidas a un avatar, un corpo biolóxico controlado de forma remota que pode sobrevivir no aire letal. Estes corpos están creados xeneticamente de ADN humano, mesturado con ADN dos nativos de Pandora, os Na'vi. Xa na súa forma avatar, Jake pode camiñar outra vez. Recibiu a misión de infiltrarse entre os Na'vi, os cales se converteron no maior obstáculo para a extracción do mineral. Pero unha bela Na'vi, Neytiri (Zoe Saldana), salva a vida de Jake, e todo cambia. Jake é admitido no seu clan e aprende a ser un deles, o cal o fai someterse a moitas probas e aventuras. Mentres, os humanos seguen co seu plan, confiando en que a información de Jake lles sexa útil.

Ningún comentario:
Publicar un comentario