"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



CASABLANCA

Director: Michael Curtiz (1942)
(Rex.: 5186)



A época: a Segunda Guerra mundial. O lugar: Casablanca, unha cidade de doado acceso pero case imposible de abandonar, especialmente se o teu nome se encontra na lista dos homes máis perseguidos polos nazis. O principal obxectivo dos invasores é o líder checo e heroe da resistencia Victor Laszlo, cuxa única esperanza é Rick Blaine (Humphrey Bogart), o propietario do 'Rick's Café', un home que non arrisca a súa vida por ninguén... agás por Ilsa (Ingrid Bergman). Ambos os dous encarnan uns antigos amantes que volven unirse brevemente no caos da guerra. Cando Ilsa se ofrece a cambio dun visado que consiga sacar a Laszlo do país, Rick deberá elixir entre a súa propia felicidade ou o idealismo e as numerosas vidas que poderían salvarse.

Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas