(Rex.: 5189)
C.C. Buxter (Jack Lemmon) é un ambicioso empregado dunha firma de seguros de Manhattan. É solteiro e vive só nun discreto apartamento que presta ocasionalmente aos seus superiores para que se encontren cos seus amantes; el confía que os sucesivos favores lle sirvan para mellorar a súa posición na empresa. Propóñeno para un ascenso e Sheldrake, o director, descobre o motivo. Tamén este solicita as chaves do seu estudo para citarse con Fran (Shirley McLaine), unha ascensorista da cal Buxter estivo namorado. Ao regresar unha noite á súa casa, Buxter descobre a Fran esvaecida por sobredose de somníferos; a moza intentou suicidarse tras discutir con Sheldrake.
Ficha técnica
Trailer
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario