"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ENEMIGOS PÚBLICOS

Director: Michael Mann (2009)
(Rex.: 5145)



John Dillinger (Johnny Depp) foi un lendario e carismático atracador de bancos da época da Gran Depresión que se converteu no obxectivo número un do incipiente FBI de J. Edgar Hoover e do seu mellor axente, Melvin Purvis (Christian Bale), e nun heroe popular para o sufrido pobo. Ninguén era capaz de deter Dillinger e a súa banda. Non había cárcere que se lle resistise. Grazas ao seu encanto persoal e ás súas ousadas fugas era aplaudido por case todo o mundo, dende a súa noiva Billie (Marion Cotillard) ata o home da pé que non sentía simpatía ningunha polos bancos que afundiran o país na depresión. As aventuras da banda de Dillinger, que posteriormente incluiría o psicópata Baby Face Nelson e Alvin Karpis, entretiñan á maioría, pero J. Edgar Hoover tivo a idea de servirse da captura do bandido para empezar a transformar o seu "Bureau of Investigation" (Oficina de investigación) no que sería o FBI. Converteu a Dillinger no "inimigo público número 1 de América" e lanzou a Purvis, o aposto "Clark Gable do FBI", tras el. Pero Dillinger e a súa banda sempre puideron cos homes de Purvis en tolas persecucións e tiroteos. Para apresar Dillinger e os seus homes, Purvis acabou contratando un equipo de ex policías da costa oeste (aos que chamaron axentes) e recorrendo a traizóns épicas, unha delas protagonizada pola notoria "Dama de vermello" e outra por Frank Nitti, o xefe mafioso de Chicago.




Ficha técnica


Trailer


Baseada no libro "Public Enemies: America's Greatest Crime Wave and the Birth of the FBI, 1933-43" de Bryan Burrough

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas