"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LA ISLA DEL TESORO

Director: Byron Haskin (1950)
(Rex.: 5193)




O capitan William Bones, un vello lobo de mar, chega enfermo á pousada da nai de Jim Haxkins e antes de morrer, entrega a Jim o mapa do tesouro do pirata Flint, recomendándolle que estea prevido contra o home da pata de pau. Jim cóntallo todo ao Sr. Trelawney e ao doutor Livesey e xuntos deciden emprender a busca do tesouro. Contratan unha tripulación e parten cara á illa onde está escondido o tesouro. En metade da travesía, Jim dáse conta de que a maioría da tripulación son piratas de Flint e de que o cociñeiro, un home coa pata de pau, chamado John Silver o longo, é o antigo contramestre de Flint, contra o que o preveu o capitán Bones. Ao chegar á illa, os piratas, ao mando de John Silver amotínanse e emprenden a loita contra Jim, Trelawney, Livesey e os mariñeiros fieis, para conseguir o mapa do tesouro.

Ficha técnica

Trailer

Baseada no libro "La isla del tesoro" de Robert Louis Stevenson

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas