"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LA JOVEN DE LA PERLA

Director: Peter Webber (2003)
(Rex.: 5179)



Delft, Holanda, 1665. A moza Griet (Scarlett Johansson) entra a servir á casa de Johannes Vermeer (Colin Firth). Este consciente da intuición de Griet coa luz e a cor, irá introducíndoa pouco a pouco no misterioso mundo da súa pintura. Por outro lado, Maria Thins, sogra de Vermeer, vendo que Griet o inspira, decide permitir a relación entre ambos os dous co fin de que o seu xenro aumente a súa exigua produción de cadros. Griet réndese cada vez máis aos encantos de Vermeer, se ben non pode estar segura dos sentimentos do pintor cara a ela. Finalmente, o maquiavélico Van Ruijven, consciente do grao de intimidade existente entre o mestre e a serventa, enxéñallas para que Vermeer reciba o encargo de pintar a Griet soa. O resultado será unha das maiores obras de arte xamais creadas, pero... A que prezo para Griet?


Ficha técnica

Trailer

Baseada na novela "La joven de la perla" de Tracy Chevalier

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas