(Rex.: 5198, 10225)
Coppola pónsenos romántico nesta adaptación dunha novela xuvenil de Susan E. Hinton. A mirada nostálxica de Ponyboy ("Cando saín á cegadora luz do sol, dende a escura sala de cine... ") serve para recordar os anhelos das bandas de adolescentes, os seus amores e rivalidades. O filme contou cun prometedor grupo de mozos actores, o "bratpack" ou "atallo de mocosos", que logo triunfarían máis ou menos na pantalla: Tom Cruise, Rob Lowe, Matt Dillon, Diane Lane, Emilio Estevez, Ralph Macchio, Patrick Swayze e C. Thomas Howell.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario