"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



TOMA EL DINERO Y CORRE

Director: Woody Allen (1969)
(Rex.: 5144)





A través dunha serie de entrevistas cos que o coñeceron, a película introdúcenos na vida do incompetente atracador Virgil Starkwell (Woody Allen), que dende o comezo estivo abocado á delincuencia. Despois de pasar unha infancia a mercé dos rapaces máis fortes ca el e tras descubrir que a súa carreira musical non iría a ningunha parte, Virgil comezou a roubar. Pero o seu escaso talento como ladrón pronto conduciríao ao cárcere.

Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas