(Rex.: 5203)
Ryan Bingham (George Clooney) é un experto en despedir a xente, contratado de forma externa por outras empresas para reducir persoal. Ryan leva moito tempo contento co seu despreocupado estilo de vida, vivindo por toda Norteamérica en aeroportos, hoteis e coches de aluguer. Pode levar todo o que necesita nunha maleta con rodas. É un membro mimado e de elite de todos os programas de fidelización de viaxeiros que existen. E fáltalle pouco para alcanzar o obxectivo da súa vida: conseguir unha secreta e desorbitada cifra de millas de viaxeiro habitual, que lle daría acceso a un restrinxido e selecto club. Non obstante Ryan non ten nada auténtico ao que aferrarse. Cando se sente atraído por unha atractiva compañeira de viaxe (Vera Farmiga), outra viaxeira frecuente, o xefe de Ryan (Jason Bateman), animado por unha moza e intrusa experta en eficiencia (Anna Kendrick), ameaza con atalo a un despacho. Enfrontado á perspectiva, á vez terrorífica de ser destinado a un posto fixo, Ryan empeza a meditar sobre o que pode chegar a significar ter un fogar de verdade.
Ficha técnica
Trailer
Páxina web
Baseada na novela "Up in the air " de Walter Kim
Ficha técnica
Trailer
Páxina web
Baseada na novela "Up in the air " de Walter Kim
Ningún comentario:
Publicar un comentario