(Rex.: 5354)
Na Valencia de 1900 Dona Manuela de Fora (Carmen Maura), viúva de Pajares, muller elegante de madura beleza, vive coa obsesión de casar ben as súas dúas fillas, Cuncha e Amparo, habidas en segundo matrimonio. Do seu primeiro marido tivo a Juanito (Eloy Azorín), ao que menospreza polo seu desexo de ser comerciante. Quen de verdade aprecia ao laborioso Juanito é o seu tío Juan (José Sancho), home de costumes austeros que reprocha á súa irmá Manuela, sempre que pode, a súa manía de gastar diñeiro en gardar as aparencias dunha alta posición social.
Ficha técnica
Tráiler
Baseada no libro "Arroz y tartana" de Vicente Blasco Ibáñez
Ningún comentario:
Publicar un comentario