"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



CUMBRES BORRASCOSAS

Director: William Wyler (2009)
(Rex.: 5192)




Perdido nunha tormenta de neve nun rochoso páramo inglés, un estranxeiro tópase con "Cumbres Borrascosas", a lóbrega mansión do misterioso Heathcliff (Laurence Olivier), un home tan torturado por un amor desleitado que perdeu o desexo de vivir. Mentres a tormenta roxe no exterior, o fatigado camiñante escoita fascinado a triste historia de Heathcliff, o antigo caballerizo, e o seu inocente amor por Cathy (Merle Oberon), un espírito libre que nunca chegou a facer realidade a súa fera paixón por el, porque cando Heathcliff volveu na súa busca despois de moito tempo intentando facer fortuna, se encontrou a Cathy xa casado cun mozo da alta sociedade. O desengano destruíu a alma de Heathcliff, pero non logrou apagar o lume dun desexo que arderá nas súas entrañas por toda a eternidade.

Ficha técnica

Trailer

Baseada no libro "Cumbres borrascosas" de Emily Bronte

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas